Archives

Obradoiros para a prevención da adicción ao xogo en menores

Hoxe veñen de comezar no IES Rosalía de Castro os obradoiros para a prevención da adicción ao xogo en menores, dirixidos a alumnado de 3º e 4º de ESO,  e que son unha das actuacións encadradas no marco dunha campaña para a prevención do xogo de apostas que impulsa o Concello de Santiago.

 

Estes obradoiros pretenden ser unha ferramenta de traballo, dirixida a abordar a problemática do xogo na adolescencia, incidindo especialmente nos factores de risco e de protección como mecanismos para establecer unha estratexia preventiva.

Asi mesmo, os obradoiros van dirixidos a crear mensaxes da propia campaña, de forma que o alumnado poida ter unha participacion activa na creación das mensaxes centrais da campaña.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto.

 

 

 

“+ Q Fútbol” un proxecto para a prevención e a integración social

O “+ Q Fútbol” é un proxecto que está a xenerar de xeito constante, diversos materiais para promover os valores saudables e de integración da mocidade de procedencias moi diversas, a través da linguaxe universal do fútbol.

O proxecto é promovido polo Concello de Santiago e cofinanciado polo Plan Nacional sobre Drogas, e está a ser desenvolvido, na parte técnica polo equipo  de Arelar.

Agardamos que vos guste este pequeno vídeo descritivo:

 

“+ Q Fútbol” a ritmo de rap

 

Aqui compartimos o rap do “+ Q Fútbol” xordido dos participantes do propio proxecto e coa colaboración do grupo, “olímpicos”, algúns dos seus membros asiduos participantes no proxecto.

Dende a creación deste rap amósanse os valores e ideas centrais do proxecto, dun xeito que conecta coa mocidade e elaborado polos propios mozos e mozas.

No desenvolvemento do “+ Q Fútbol” xorden procesos paralelos de gran interese e potencialidade educativa. Este rap é un claro exemplo.