Arelar, desenvolve a coordinacion técnica dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) impulsado dende o CPI Antonio Orza Couto de O Forte – Boqueixón, dirixido a promover unha mellora na calidade dos procesos de separación dos residuos nos forgares do concello. Para acadar este obectivo, no centro abordarase dende diferentes disciplinas (bioloxía, plástica, tecnoloxía, música e educación física) a elaboración de diversos materiais e actividades que redunden na elaboración dunha campaña de sensibilizacion a realizar no concello para a mellora da informacion e a concienciación medioambiental na separación de residuos no fogar.
Archives
Conxo nas ondas!!!
O pasado 9 de novembro deu inicio o obradoiro de radio no centro sociocultural de Conxo, para desenvolver un programa de radio con perspectiva comunitaria, na que se aborden diferentes contidos dirixidos a coñecer o barrio dende unha óptica xuvenil e diferente.
Asi mesmo, o programa de radio resultante será un espazo para dar resposta a diversas inquedanzas da mocidade do barrio. Nas primeiras sesións traballarase na elaboración da estructura de contidos e o guión do programa, para logo proceder a gravación do mesmo e crear o podcast definitivo.
Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto
II Foro da mocidade de Teo: Un espazo para a participación social
Vense de celebrar a pasada fin de semana o II Foro da Mocidade de teo, e que serviu como espazo para o debate e a participación en torno a diversos temas de interese para a mocidade.
Neste Foro, analizáronse estratexias para a comunicación coa mocidade, determinando estratexias e ferramentas para a comunicación. Así mesmo, establecéronse novas propostas de actividades para este curso escolar así como novos formatos que debe de adoptar o Foro da Mocidade de Teo no seu proceso de evolución.
Arelar desenvolveu a dinamización deste Foro.