Archives

Unha aproximación á xestión dos conflitos na escola infantil

A pasada semana tivo lugar un obradoiro de resolución de conflitos dirixido ao alumnado do ciclo superior de educación infantil do CIFP Politécnico de Lugo, no que se efectuou unha aproximación inicial aos conflitos, definición e características xerais,  ademais de identificar os elementos característicos na visión dos conflitos na etapa da educación infantil (0-3 anos).

Ao longo do obradoiro afondouse na identificación das posicións, intereses e necesidades dentro dun conflito, e traballouse dende un caso práctico que permitiu abordar moitas das cuestións analizadas no plano teórico.

O obradoiro foi impartido por Arelar, e desenvolveuse seguindo tódalas medidas hixénico sanitarias establecidas ante a situación de pandemia pola COVID-19 que estamos a vivir.

 

EMPATIZA: Un proxecto para a a aprendizaxe do alumnado na resolución pacífica de conflitos

O proxecto EMPATIZA promovido pola Concellaría de Benestar  Social do Concello de Vilagarcía regresa as aulas, e aqueles centros que o solicitaron, están a desenvolver as sesións co alumnado nestas datas, e sempre seguindo tódalas recomendacións hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia da COVID-19,  o que está permitindo que o alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria poida aprender a resolver conflitos, e formarse en habilidades básicas para o afrontamento pacífico dos mesmos.

A resposta do alumnado está sendo moi positiva,  e dende unha metodoloxía que se está a adaptar as circunstancias actuais, permite que o alumnado, analice situacións conflitivas cotiáns, reflexione sobre as posicións e necesidades no conflito, e permite que se xeren alternativas para a súa resolución.

En ocasións, o alumnado está a abordar conflitos reais que desexa solucionar, o cal multiplica o impacto do proxecto na realidade do alumnado.

Ler máis…

As habilidades sociais para promover unha verdadeira igualdade

Hoxe tivo lugar no CIFP Ferrolterra un obradoiro de “Habilidades sociais en pé de igualdade” dirixido a alumnado do Ciclo Superior de Infantil e ao alumnado de FP Básica de carpintería e  moble e de electricidade e electrónica.

O obradoiro pretendeu establecer a conexión entre as habilidades sociais no desenvolvemento dunha convivencia en igualdade entre homes e mulleres, adaptándoo aos contextos profesionais e sociais de cada familia profesional do alumnado participante.

Os 3 grupos participantes nos obradoiros tiveron unha actitude moi participativa e proactiva nos debates e role playing efectuados no obradoiro, para traballar dende unha perspectiva práctica.