Archives

EMPATIZA inicia o seu percorrido polos centros educativos de Vilagarcía

Nesta semana ven de iniciar o proxecto EMPATIZA promovido polo Concello de Vilagarcía e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, e que promove os valores de convivencia entre o alumnado ademais de coñecer ferramentas para a resolución pacífica de conflitos.

7 centros educativos da cidade participan neste proxecto que se vai a desenvolver ao longo destes meses coa intención de que os obradoiros que se realiza co alumnado de 5º de primaria teña continuidade máis alá da intervención na aula,  e se poidan crear naqueles centros que o desexen, a figura de axentes de convivencia, que permitan establecer mecanismos de non violencia e axuda entre o alumnado para a resolución de conflitos e a integración grupal.

Ler máis…

Obradoiros para a prevención da adicción ao xogo en menores

Hoxe veñen de comezar no IES Rosalía de Castro os obradoiros para a prevención da adicción ao xogo en menores, dirixidos a alumnado de 3º e 4º de ESO,  e que son unha das actuacións encadradas no marco dunha campaña para a prevención do xogo de apostas que impulsa o Concello de Santiago.

 

Estes obradoiros pretenden ser unha ferramenta de traballo, dirixida a abordar a problemática do xogo na adolescencia, incidindo especialmente nos factores de risco e de protección como mecanismos para establecer unha estratexia preventiva.

Asi mesmo, os obradoiros van dirixidos a crear mensaxes da propia campaña, de forma que o alumnado poida ter unha participacion activa na creación das mensaxes centrais da campaña.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto.

 

 

 

O acoso escolar a debate

Hoxe tivo lugar unha videoconferencia que arelar impartiu ao grupo de mulleres de FADEMGA-Inclusión Social Galicia sobre o acoso escolar, e que pretendiu favorecer a reflexión en torno a este problema, e identificar os mecanismos tanto de prevención como de detección e tratamento dun caso de acoso escolar de cara a minimizar os posibles danos e prexuízos sociais e emocionais que se derivan dunha situación de acoso escolar.

Así mesmo, tamén se analizaron as peculiaridades que ofrece o ciberbullying en relación ao acoso escolar e cales son os mecanismos de actuación para a prevención.

O vindeiro 17 de xuño terá lugar outra videoconferencia con outro grupo de mulleres de FADEMGA.