Archives

“+Q FÚTBOL”: A esencia da convivencia

Ven de rematar o proxecto “+Q Fútbol” que arelar desenvolve  na súa parte técnica e que é promovido polo concello de Santiago.

este proxecto pretende empregar o Fútbol e a súa linguaxe como instrumento para fomentar a convivencia positiva e os valores de tolerancia e respecto, no marco dun ocio saudable.

No proxecto participaron maís de 40 mozos e mozas

Proxecto +QF 2016

Proxecto de voluntariado miúdo “Móvete”: Xornada de fin de curso

O pasado 21 de xuño, tivo lugar a xornada lúdica do programa de voluntariado miúdo “Móvete” e que serviu para poñer colofón ao programa neste curso escolar. A xuntanza tivo lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, e reuniu a 110 alumnos e alumnas dos 3 centros participantes (CEIP A LOMBA, CEIP DAS FONTIÑAS E CPI VIRXE DA CELA).

Ao longo da xornada o alumnado defrutou dunha aventura solidaria, elaborou un gran mural e defrutou de xogos na praia, sempre dende unha perspectiva colaborativa e reforzando os valores solidarios presentes en todo o programa.

Ao longo da xornada contamos coa presenza da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Cecilia Vázquez,  que acompañou ao alumnado e profesorado para poñer fin á xornada, e facer entrega dos diplomas acreditativos .

Neste enlace pode ver algunhas das mellores imaxes da xornada

As habilidades sociais: Un marco para o desenvolvemento integral dos nosos fillos e fillas

Onte tivo lugar a primeira sesión do obradoiro de habilidades sociais dirixida a nais e pais da ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas, e no que se traballou ao redor da aprendizaxe das habilidades sociais nos procesos educativos dos nosos fillos e fillas. Establecéronse habildiades sociais relevantes na vivencia de pais e nais, o que deu pe a cosntrución de casos para o traballo práctico en profundidade na vindeira sesión.

Na sesión tamén participou profesorado do centro, o cal enriqueceu enormemente o traballo do obradoiro ao permitir abordar a tarefa educativa no contexto escolar e ser compartida entre profesorado nais e pais.

O vindeiro martes 10 de maio remata o obradoiro impartido por arelar.

Aqui tedes un enlace da nova no blog da ANPA do centro.

Obradoiro de habilidades sociais para nais e pais