No proxecto “Mocidade inqueda” estase a realizar un teatro foro co titulo “ciberacoso” e que pretende facer reflexionar sobre esta problemática a partir dunha problemáticas que se presenta en escena, e que busca atopar alternativas para dar apoio á vitima, o rol que deben de xogar os diferentes observadores dunha situación de ciberacoso, etc…
Archives
Lugo activa a “Mocidade inqueda”
Ven de dar comeza o proxecto “Mocidade inqueda”, un proxecto que pretende ser unha canle de participación e plasmación das inquedanzas e intereses da mocidade de Lugo, a través de diversos formatos creativos diferentes.
Deste xeito, o teatro, o audiovisual e a radio serán os mecanismos a través dos cales a mocidade dará renda solta as súas inquedanzas e necesidades, dun xeito dinámico e creativo, o que permitirá realizar un proxecto que visibilice os intereses xuvenís en temáticas tan diversas como a convivencia, o deporte, as novas tecnoloxías, a saúde, o ocio e a cultura.
A aprendizaxe das habilidades sociais a través dun Plan de Mellora Persoal
Onte veu de rematar o curso na súa parte presencial “A resolución de conflictos dende a xestión de grupos diversos” que arelar veu desenvolvendo no CIFP COROSO, e no que se abordaron diferentes contidos dende unha vertente emintemente práctica para dar resposta ás necesidades formativas do profesorado participante.
O curso entra agora na súa parte práctica, que pretende garantir a transferibilidade do aprendido no curso á realidade de cada profesor ou profesora participante.