Archives

O teatro do clube de maiores viaxa por Galicia

O Clube de Maiores de Boqueixón ven de iniciar unha xira por diferentes localidades galegas, na que es´tan a representar a peza teatral “Urxencias”, unha obra coral que trata en tono de comedia as peripecias dun servizo de urxencias dun hospital.

trala estrea no mes de abril e maio, agora esta experiencia de teatro comunitario proxéctase agora dende o prisma do intercambio con outros grupos afecionados de cara a crear dinámicas de posta en valor do teatro comunitario e de enriquecemento mútuo.

Ler máis…

Patrimonio, cine e diversión en Rodeiro

Ao longo deste verán arelar veu coordinando o desenvolvemento dun espazo lúdico e educativo para os nenos e nenas do Concello de Rodeiro, no que dun xeito ameno e divertido, puideron investigar e coñecer múltiples aspectos vencellados ao patrimonio local. Concretamente, estableceuse un xogo que permitiu descubrir múltiples aspectos patrimoniais, como son a Tulla de Fafián, os Castros e as mámoas existentes ao longo do concello.
O xogo incluiu visitas in situ a cada espazo ou achegas en 3D, segundo os casos.

Ademais ao longo do proxecto, realizouse unha curtametraxe titulada “o bufón e a pantasma”, creada e protagonizada polos nenos e nenas.

Ler máis…

“A experiencia conta”: Un camiño de inclusión e aprendizaxe compartida

Ven de iniciarse a segunda edición deste programa interxeracional que pretende por en valor os espazos de aprendizaxe interxeracional na que persoas de distintas idades e procedencias traballan en conxunto para facer un programa radiofónico que dea resposta as inquedanzas e intereses dun grupo tan heteroxéneo e diverso.

Nesta edición participan no proxecto entidades moi diversas (AFA Mnforte, Cáritas Monforte, Centro Valladares de Vigo, A Fundación Amigos dos Maiores, cruz Vermella Betanzos ou AFundación son as primeiras entidades implicadas no proxecto) , que culminarán coa elaboración dos diferentes programas de radio e coa presentación do proxecto no marco do Congreso Estatal de Voluntariado que se celebrará en Galicia a finais de novembro.

O proxecto “A Experiencia Conta” é promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e está coordinado por Arelar e Laboratorio de Radio.