All posts by ARELAR

Grazas a tódolos centros pola vosa participación no I encontro da rede de Centros Escolares Solidarios

O I Encontro da rede de Centros Escolares Solidarios foi todo un éxito, en canto a participación, experiencias presentadas, interacción solidaria e aprendizaxe compartido, e no que o equipo de comunicación xerado no encontro tivo un especial protagonismo para relatar o que alí acontecía.

Este vídeo é un agradecemento a tódolos centros participantes polo seu esforzo na realización das micromovies e no desenvolvemento dos diferentes proxectos solidarios que están a impulsar en cada centro educativo.

grazas

Alumnado activo ante o cambio climático

O pasado 22 de outubro tivo lugar no centro de Día de Castrelo de Miño, a visita guiada da exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”, con alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria do CEIP de Castrelo de Miño,  e a través da cal,  puideron reflexionar, xogar e interactuar en base aos contidos plantexados na exposición.

O proceso educativo xerado foi moi productivo e permitiu abordar reflexións moi intersantes sobre os impactos do cambio climático, as causas que o orixinan e as solucións para minimizar os seus efectos, tanto a nivel local, coma global.

Arelar desenvolveu a parte técnica da visita guiada.

IMG_1348o grupo visionando o audiovisual da exposición

“O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” en Forcarei

O pasado 10 de outubro, o alumnado de 1º de ESO do IES Chano Piñeiro de Forcarei, puido desfrutar dunha visita guiada da exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” na que o alumnado puido percorrer a exposición ao tempo que interactuar dun xeito ameno e divertido cos diferentes contidos da mesma, que tenta sensibilizar sobre o cambio climático, os impactos actuais, e que accións podemos adoptar a cidadanía para mitigar os seus efectos no planeta.

IMG_1339         IMG_1343

o alumnado puido interactuar de diferentes xeitos cos contidos da exposición