No marco do programa “Ler conta Moito” da Consellería de Cultura, Arelar desenvolve unha actividade denominada “palabras creativas”, e que pretende ser un espazo dinámico para desfrutar da lectura dende diferentes ópticas. Aqui deixámosvos un video ilustrativo da actividade, desenvolvida na Biblioteca Municipal do Porriño.
All posts by ARELAR
“+QF”: Ocio saudable e integración
Durante este verán o proxecto de ocio saudable “Máis que fútbol” (+QF) está a ser un instrumento para a dinamización no tempo de ocio da mocidade compostelá. Empregando como instrumento de acción social a linguaxe universal do futbol, o proxecto logra crear un espazo de integración, ocio saudable, e educación en valores ao redor de diversos elementos que dotan de contido educativo ao proxecto.
deste xeito, as arbitraxes solidarias, os xogadores comodín, o boletín semanal, as merendas futboleiras, e as actividades complementarias dotan de intencionalidade educativa a un proxecto vivo, aberto e dinámico.
“Volunradio”: A radio como recurso didáctico a prol da solidaridade e o compromiso
dende fai unhas semanas o alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios, estivo a traballar na elaboracion dos contidos dun programa de radio para o III Encontro da Rede de Centros Solidarios (RCES), e que deu lugar ao “Volunradio”, onde se deu a coñecer o que significa a Rede de Centros Escolares Solidarios, entrevistas, elaboració nde publicidade solidaria e informacion en directo sobre as actividades desenvovlida ao longo do encontro. Arelar desenvolveu a coordinación técnica do proceso didáctico.
aqui tedes o podcast: