All posts by ARELAR

A participación: Un proceso en constante evolución

Arelar ven de rematar o estudo diagnóstico enmarcado no proxecto de participación social da mocidade de Teo. O estudo que implicou a 10 entidades do municipio, e na que participaron 255 mozos e mozas, dende diversos instrumentos de diagnóstico (enquisas, grupos de discusión e entrevistas estruturadas), permitiu establecer un plan de acción cunhas liñas de traballo específicas para a posta en práctica coa mocidade do concello de Teo.

Valoramos moi positivamente este proceso participativo, en constante evolución,  polo plural e enriquecedor que resultou e pola implicación dos axentes sociais do municipio.

 

portada

Coñecendo novos proxectos na RCES

Ao longo deste mes desenvolvéronse diversas visitas de asesoramento aos centro de nova incorporación a RCES, para coñecer os diferentes proxectos que están a impulsar e poder por en común as dinámicas de funcionamento dentro da Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES) e as actividades que se ofertan para o apoio aos proxectos solidarios de cada centro.

Nesta quenda realizáronse visitas aos seguintes centros:

IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa)

IES de Meaño (Meaño)

IES Isidro Parga Pondal (Carballo)

CPR Mariano (Vigo)

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

 

Arelar desenvolve a coordinación técnica destas visitas no marco da RCES para a dinamización dos proxectos solidarios de cada centro.

O “xigante de pedra” visto dende a ollada xuvenil

Esta fin de semana ven de presentarse no centro de Interpretación do Pico Sacro, a curtametraxe “Xigante de pedra”, proxecto coordinado na parte técnica por arelar, e que permitiu xerar un proceso participativo no que un grupo de alumnas do CPI Antonio Orza Couto desenvolveron nas súas diferentes fases o deseño desta curtametraxe, que na súa intencionalidade pretendía xerar dende a ollada xuvenil unha posta en valor do Pico Sacro e o seu entorno. ademais o evento contou con outras achegas dende a propia comunidade tanto no plano literario, coma musical (X. Manuel Lobato, Estralampo e Sofía Silva)

Aqui tedes o enlace dunha nova publicada nos xornais sobre a presentación de “Xigante de pedra”

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/boqueixon/2016/01/17/alumnas-boqueixon-editan-cortometraje-sobre-pico-sacro/0003_201601S17C6992.htm