All posts by ARELAR

Agora máis ca nunca….o importante son as persoas

Estamos a pasar unha pandemia que está a mudar moitos aspectos da nosa vida cotiá, e que está sendo devastadora na nosa sociedade (persoas afectadas, falecementos, estrés do sistema sanitario, impactos económicos en todolos sectores sociais, ruptura dos hábitos sociais e de relación…).

Que a nosa sociedade saia airosa desta situación vai a depender de que cada quen faga a súa achega (administracións, empresas, tecido social, cidadanía…) para  facer fronte a un reto sanitario, económico e social sen precedentes, e no que a educación social tamén debe xogar o seu papel….

Por iso máis ca nunca……o importante son as persoas

O proxecto de teatro foro implica a máis de 800 escolares de Santiago

A semana pasada ven de presentarse o proxecto de Teatro foro para a educación en valores, e que nesta edición implica a 5 institutos da cidade ( IES Xelmirez I, IES Xelmirez II, IES Rosalía de Castro, IES Pontepedriña e IES Sar) e a máis de 800 alumnos e alumnas, sumando ao alumnado que prepara e interpreta cada unha das pezas que compoñen o proxecto, como do alumnado que participa nas propias sesións de teatro foro como “espect-actores”.

Ao longo deste curso prepararanse 9 pezas teatrais que abordan diversas temáticas de interese para o proceso educativo do alumnado dos centros educativos, e que presentan diversas realidades. Deste xeito, a transexualidade, o bullying, o racismo, a prevención das drogodependencias, a adicción ao xogo e o ciberbullying,  son algunhas destas temáticas.

Ler máis…

Visualizando o voluntariado interxeracional dende outra ollada

Dende o pasado 16 de decembro está tendo lugar en Ferrol un curso de “voluntariado interxeracional” que pretende poñer o foco na potencialidade de crear contextos interxeracionais na acción voluntaria, as sinerxias positivas que xenera, e o empoderamento mútuo que suscita a tódalas persoas que o protagonizan.

O curso ademais, aborda a realización do voluntariado interxeracional, dende unha perspectiva de xénero, que promova a igualdade, analice os roles de homes e mulleres na acción voluntaria, e dende a aplicación de metodoloxías inovadoras.

Ler máis…